A diferencia cos orixinais é que este está enteiro nunha sóa peza, coa súa cabeza, pernas,torques,etc,… e poderedes sentir a forza que transmitían estas imaxes á entrada dos castros. A función destas esculturas non está de todo clara pero asegúrovos que impón respecto.
Foto: Lumia en Sta. Mariña de Augas Santas.
Pero o mellor está a 6 Km da vila, en Sta. Mariña de Augas Santas.
Foto: Igrexa de Sta. Mariña de Augas Santas.
Aquí as construcións conteñen pedras que formaron parte doutro tempo histórico e a igrexa é impresionante. E despois baixamos ao forno da Santa, elemento da cultura castrexa cristianizado varios séculos máis tarde coa construción dunha igrexa que nunca foi rematada.
Alí as pedras parecen vixiar o ceo esperando a volta dos canteiros.
Foto: detalle do remate dunha columna no Forno da Santa.
En poucos metros xa estamos na Cibda (castro) de Armea e no recén descuberto (2011) Santuario do "Monte do Señorito".
Foto: Excavación no santuario do Monte do Señorito(2011).
A visita supón un percorrido a traves de miles de anos de historia labrados en pedra. Toda a información que precisedes está ao voso alcance nas guías que edita o concello e outras publicacións pero pouco se fala deste penedo.
Debaixo deste penedo agocharon o ouro os antigos poboadores de Galicia, os mouros, dos cales falarei proximamente. Non vin escultura mellor que esta en Allariz, está aí dende moito antes de que o home camiñase erguido. Non deixedes de falarlle a esta pedra.
Um guerreiro destes numa eira, junto ao canastro, seria a perfeita decoração para toda e qualquer casa Galaica!
ResponderEliminarMellor aínda, na entrada aos castros, polo menos daqueles “visitables”.
EliminarTamén debera estar, en formato pequeño, nas tendas de recordos e souvenirs de Galiza xunto aos cruceiros e canastros.
Queda moito por facer ata que estas esculturas sexán sexan recoñecidas como imaxe identitaria do pobo galego. En Portugal xa o teñen como propio.
Grazas polo comentario Galaico.
Uma linda escultura, que ficaria bem em qualquer entrada de uma casa, abraços...
ResponderEliminar