![]() |
A cabeza de pedra que estaba oculta polos eucaliptos. |
Sempre haberá quen non aprecie estes monumentos naturais tan abondosos na marxe esquerda do val do Louro (A Terra das Mós), decindo que son "simples pedras", "que non dan nada", que "estorban no monte"...
Poñer en valor estes monumentos de pedra é parte da xestión dos nosos montes xa que son un recurso esencial para completar a oferta turística do noso pobo e símbolos da nosa verdadeira identidade.
Atentos pois ás próximas voces das pedras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario