Nos últimos anos, nas ribeiras do Miño teñen aparecido grandes depósitos de bifaces de tecnoloxía achelense (250.000 anos) que mostran como eran aqueles aparellos. Estas grandes acumulacións de enormes bifaces demostran a existencia dunha gran industria.
Tedes máis info nestes enlaces:
Xacemento de Portomaior: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3725121.pdf
Facebook do equipo de investigación: https://www.facebook.com/paleoliticodobaixominho
Como en anos anteriores farei unha demostración e un obradoiro como actividade da XVIII Festa da Prehistoria de Mós. Será o xoves, 8 de agosto, ás 19:00h.
Réplicas realizadas no obradoiro. |
Este outro video mostra aos participantes no obradoiro:
Se queredes ver a demostración so tedes que aparecer por alí.
Se ademáis queredes participar no obradoiro, lembrade que é preciso inscribirse con anterioridade e vir provistos de luvas e gafas de protección antiimpactos.
O obradoiro ten un prezo de 10€ e para inscribirse deberedes enviar unha mesaxe ao facebook da Festa da Prehistoria ou ao e-mail festadaprehistoria@gmail.com