Bueno,
pasados os apuros de última hora e despois de dous días traballando á chuvia
para rematar a montaxe da escultura, por fin chegou o día da homenaxe!
Pero
antes vou deixar algunhas das fotos que fixera días atras Miguel Riopa no meu
taller:
|
Óscar Pereiro levou a Galiza a golpe de pedal ao máis alto do ciclismo profesional. Foto: Miguel Riopa. |
|
Pola outra cara a escultura transmite máis forza e velocidade. Foto: Miguel Riopa.
|
|
Foto: Miguel Riopa. |
|
Foi unha ledicia facer este traballo. Foto: Miguel Riopa. |
A HOMENAXE.
|
Foto: "Lis", da peña "Óscar Pereiro" antes de descubrir a escultura. |
“Lis”
transmitiunos a tódolos presentes a ilusión que tiñan por facer esta homenaxe e
repasou os éxitos acadados antes de cederlle a palabra ao propio Pereiro.
Coas
súas palabras Óscar demostrou ser tan grande como persoa que coma deportista. Restándolle
importancia á polémica da ubicación do monumento, tivo palabras de agradecemento
para o Concello de Mós e os seus veciños e por suposto para O Porriño, lembrando
precisamente as quedadas na “fonte dos ciclistas” para saír a entrenar tantas e
tantas veces.
|
Foto de grupo: Membros da peña, familiares e autoridades do Concello do Porriño. |
As palabras máis emotivas adicoullas á peña ciclista, lembrando a súa presenza dos seus membros
nas etapas e as pintadas co seu nome, xunto ao nome de Mós e Porriño nos percorridos das carreiras, moito
antes do seu triunfo no Tour.
|
Foto: Con Óscar. |
Este
monumento será un referente para as novas xeneracións de ciclistas do Val da
Louriña que, saíndo dende a fonte dos ciclistas, terán presente o precedente
exemplo para conseguir novos éxitos para o noso deporte.
|
Foto: Pereiro coas novas xeneracións. Non tardará moito en saír outro campeón do Val da Louriña. |
Que
outro galego gañe de novo unha grande volta ciclista e só cousa de tempo.
|
Foto: Vista da escultura dende atrás, ao fondo a réplica da entrada ao metro de Madrid do arquitecto porriñés Antonio Palacios. |